jueves 15 de noviembre de 2007

LATEXOS DO BARRIO - Exame ás rúas (III)


Xa hai bastantes anos que os veciños do Castrillón están esperando que remate o esquecemento que padece o barrio por parte das administracións públicas.
.
Boa proba diso son as rúas que están sen rematar: Antonio Ríos, Casanova de Eirís ou mesmo a Avenida dos Caídos.
.
Esta avenida interrompe o seu percorrido dende o cruce coa rúa Castrillón ata a rúa Antonio Noche, a carón do cemiterio de Oza.
.
O trazado desta vía leva bastantes anos proxectado e curiosamente tamén foi anunciado no programa electoral do PSOE nos anos 1991, 1995, 1999 e 2003; pero para estes últimos comicios de 2007, xa nin se contemplaba tal promesa, o que motivou que algúns veciños da zona tamén protestaran e se manifestaran.
.
Algo semellante acontece coa rúa Antonio Ríos, que vai case que en paralelo coa Avenida dos Caídos, e que tamén carece de continuidade dende que cruza con Casanova de Eirís ata a zona de Oza.
.
En ambos casos a zona que pola que deberían de decorrer as rúas está ocupada por leiras e camiños feitos pola xente para poder atravesar terreos que constitúen un grande tapón urbanístico para a zona.
.
Xan de Outeiro
.