A indignación veciñal volve a estar presente nas rúas do noso barrio despois do acontecido a pasada semana coa Medusa: unha chamativa columna de fume saía deste recinto onde se almacena o carbón do peirao coruñés..
Percibíase, ademais, un penetrante cheiro semellante a gas. Ante estas circunstancias, numerosos veciños trataban de atopar explicacións chamando ó Concello, á Autoridade Portuaria e a Unión Fenosa pero non atoparon resposta algunha.

.
Houbo que agardar un día para que Unión Fenosa ofrecese publicamente respostas sobre o que estaba a acontecer. Segundo parece, a acumulación de carbón no recinto provocaba que se formasen focos de calor entre as partículas producíndose a combustión. Formábase así unha importante nube de fume que, en cantidades excesivas, podía provocar problemas para as persoas.

A día de hoxe realízanse medidas da calidade do aire en canto a monóxido de carbono e dióxido de xofre, que, segundo parece, garanten uns niveis de contaminación inferiores e lonxanos dos límites prexudiciais para a saúde.

A pesares diso, son moitas as voces que reclaman a apertura dun expediente a Unión Fenosa por poñer en funcionamento a Medusa sen posuír un sitema contraincendios por tratarse dun recinto pechado. Tamén se respira malestar polo feito en que a Autoridade Portuaria tratou o asunto, sen dar explicacións ós veciños; unha das dúas asociacións de veciños da zona manifestarase diante do edificio desta institución para esixir a dimisión do seu presidente, Macario Fernández Alonso.
.
.
O problema das descargas de carbón continúa cando parecía que era un capítulo xa pechado.
.
Xan de Outeiro

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada