Non podemos (nin debemos) fuxir do circo representado polos protagonistas dos principais partidos políticos, que asolagan os diferentes medios de comunicación coa súa retórica en datas coma estas, pero si podemos esquecelo por uns intres.
Debo recoñecer que supón un pequeno sacrificio persoal eludir a tentación de matizar as verbas dos líderes das tres forzas máis votadas a nivel local, como xa fixemos cando se cumpliron os tres primeiros meses de goberno bipartito (véxase o tema “entrevistas”). Sen embargo, de cando en vez é positivo deterse a ollar o tranquilo día a día do barrio.
Os Castros, de feito, pode calificarse coma un barrio tranquilo, malia os habituais sucesos aillados e os problemas de sempre. Polas noites, o silencio impera calquera día da semana, cando menos ata que comeza o baile de vehículos que entran e saen da capital herculina.
Iso ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes, coma todo neste mundo: os veciños non teñen que aturar os berros e as paiasadas de quen transmite pola rúa as súas ganas de festa, pero moitos dirán, con todo o seu dereito, que estamos nun espazo amplamente edificado que carece de locais de ambiente. Nunca palabra, diremos que Os Castros, un recuncho humilde, residencial, carente de glamour e pomposidade, chega a pecar de “soso”.
Interesante debate: ¿gustaríalle ós habitantes do barrio atraer máis á xente? En caso afirmativo, ¿sería por vaidade, por ansia de diversión ou polo beneficio de revalorizar o terreo? En caso negativo, ¿rexeitamos as multitudes e apreciamos as características do lugar mentres dispoñamos de todo tipo de servizos e comodidades?
David Esgueva
lunes 25 de febrero de 2008
OLLADAS - Calificativos para o barrio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)



2 comentarios:
Benvidos de novo
Presentamos o novo Blogue do Barrio de Eirís, ese lugar dende se fixo a foto :P
Un saúdo amigos
Gracias pola benvida. Vexo que este blog é de moi recente creación, así que moito ánimo, porque é ameno e está ben traballado. Ademais, Eirís medra a un bo ritmo, e está ben que se "vixíe" e se comente ese crecemento por parte dos veciños. Nós, agora, vémonos na obriga de estar bastante ausentes na rede, pero seguiremos escribindo acerca do barrio. Un saúdo!!!
Publicar un comentario en la entrada