jueves 20 de marzo de 2008

LATEXOS DO BARRIO - Análise ó túnel (2ª parte)

Para rematar a análise referente ó túnel de Os Castros, comentaremos todo o relacionado coa ordenación do tráfico e do espazo.
.
Como se aprecia na imaxe, na parte superior da infraestructura son dous os carrís existentes para a circulación en cada sentido, reducíndose a un nos extremos de entrada e saída do túnel.
.
Precisamente aquí é onde chama a atención a carencia de espazo, pois a presenza deste único carril causa importentes retencións, ademais de impedir os estacionamentos de carga e descarga.
.
Como anécdota, comentar que nunha ocasión cortouse todo o carril de saída da cidade para levar a cabo unha mudanza dun veciño, pois o vehículo contratado para tal fin, non dispoñía de espazo. O tráfico tivo que ser desviado ás rúas Ángela B. de Soto e Monte das Moas.
.
As beirarrúas tampouco destacan pola súa amplitude. Serve como proba a polémica xurdida recentemente co intento de colocar árbores na beirarrúa da avenida do Exército, preto do Mirador.
.
En definitiva, estes problemas que estamos a describir poñen de manifesto que, unha vez máis, unha infraestructura con relativamente poucos anos de vida está xa saturada.

.
Xan de Outeiro