domingo 9 de marzo de 2008

LEMBRANZAS - Un colexio na historia persoal


Os colexios electorais abriron esta mañá as súas portas para que o pobo dera conta das súas preferencias políticas. Por pura coherencia, nun blog hiperlocal coma este non imos adicar un texto íntegramene a analizar a política a nivel estatal, malia o moito que desexariamos comentar. Ademais, na medida do posible pretendemos ser unha alternativa á información diaria recollida na prensa. Por iso, e tendo en conta que hoxe os protagonistas somos "os de a pé", os anónimos, os cidadáns en xeral, aproveitaremos a ocasión para homenaxearnos a nós mesmos. Na imaxe apréciase a entrada principal á primeira escola na que estudamos os dous autores deste espazo. Que confusos recordos...
.
David Esgueva