sábado 19 de abril de 2008

FIN DE FESTA


Chega o momento de dar por rematado este proxecto.

Os dous autores deste humilde espazo dixital estamos moi contentos coa experiencia levada a cabo. Este blog é unha iniciativa persoal elaborada coas esenciais aportacións de Xan. Para min, os textos publicados serviron como adestramento e como desafogo, pois hai moitas cousas que desexaba escribir de modo que calquera puidese lelas. Xan, pola súa banda, tivo así unha boa escusa para manifestar a súa opinión en referencia a temas nos que pensa a cotío, aproveitando os seus coñecementos.

Gracias a todos aqueles que nalgunha ocasión, despois de atoparnos, sentiron interese dabondo para deterse a ler un post desta xanela virtual adicada ó noso barrio de nacemento.

Aprendemos moito da experiencia, e consideramos que a meirande parte do traballo realizado continuará a ser de interese, pois non nos cinguimos á actualidade efímera e inmediata, senón que tratamos problemas que aparecen con regularidade nos medios, retratamos o día a día a través de artigos sobre a vida dos nosos veciños e, por suposto, fixemos análises sobre problemas que convén explicar.

Sen embargo, imos rematar cun sorriso. ¡Que mellor que irnos de festa! Aínda faltan uns meses para que as festas do Carme ambienten este curruncho da cidade, está ben que saibamos algo máis ó respecto.

Así comezaba unha reportaxe publicada o pasado verán en La Voz de Galicia:

El origen del lanzamiento del globo de los Castros se remonta al 1990. Mario Novoa, el responsable de la revista de las fiestas y cronista del barrio, explica, no obstante, que existen precedentes: «En los años cincuenta se sabe que se echaron algunos globos de pequeño tamaño, pero la fiesta tal y como la conocemos hoy es de 1990»”.

David Esgueva

7 comentarios:

Xotengo dijo...

Unha mágoa. ¿O pensáchedes ben? Veña ou. Non o deixedes.

Bueno, se así o decidíchedes, pois adiante. Que teñades sorte nos vosos proxectos futuros.

Foi todo un pracer seguirvos.

Meu dijo...

Moitas gracias, Xotengo!

Empezamos moi fortes e con moitas ganas, pero entre o pouco tempo de que dispón Xan, e o feito de que eu pase a maior parte do ano fóra de Galicia... Era moi difícil para nós seguir con interese a actualidade do barrio.

Vós sodes unhas máquinas, e desexo que nun futuro alguén realice un traballo similar na rede centrado neste barrio.

De momento, eu continúo cos meus estudos de Xornalismo e estou construíndo un novo blog moito máis persoal.

Unha aperta moi grande e sorte!

Xotengo dijo...

O dito, Meu, moita sorte nos teus estudos e na túa vida. Vémonos na rede.
Non deixes de enviarnos un correo ó blog para que poidamos seguir ese blog personal teu, se queres, claro está.
Saudos e ata outra.

Félix Soria dijo...

Coido que o voso traballo foi positivo. Non é doado manter un blog e moito menos cando hai un compromiso social. Confío en que volteis á Blogosfera mañán, ou o mes que ven con outros proxectos. Unha aperta e grazas polos vosos textos.

Blog Barrio dos Mallos dijo...

Vaia, teremos que cambiar a nosa boa costume de visitarvos semanalmente e disfrutar lendo os vosos artigos. É unha mágoa que o deixedes, sentímolo moito, como tamén o deberían sentir os vosos veciños.

Sorte cos vosos novos proxectos (como di xotengo, non dubidedes en avisar deles) e a ver se alguén se anima a encher o espazo que deixades.

Unha moi forte aperta!!

Asociación de Veciños de Eirís "Uxío Carré" dijo...

Así é a vida.
Uns que voltamos e outros que marchades.
Sorte ;)

Museos Científicos Coruñeses (=mc2) dijo...

Desculpa a intromisión, pero non atopamos outra maneira de contactar.

Desde os Museos Científicos Coruñeses queremos invitar a quen fai este blog a asistir a un pase especial para blogueiros da película "Dinosauros 3D".

Para apuntarse:
http://www.casaciencias.org/blogueiros