Chega o momento de dar por rematado este proxecto.
Os dous autores deste humilde espazo dixital estamos moi contentos coa experiencia levada a cabo. Este blog é unha iniciativa persoal elaborada coas esenciais aportacións de Xan. Para min, os textos publicados serviron como adestramento e como desafogo, pois hai moitas cousas que desexaba escribir de modo que calquera puidese lelas. Xan, pola súa banda, tivo así unha boa escusa para manifestar a súa opinión en referencia a temas nos que pensa a cotío, aproveitando os seus coñecementos.
Gracias a todos aqueles que nalgunha ocasión, despois de atoparnos, sentiron interese dabondo para deterse a ler un post desta xanela virtual adicada ó noso barrio de nacemento.
Aprendemos moito da experiencia, e consideramos que a meirande parte do traballo realizado continuará a ser de interese, pois non nos cinguimos á actualidade efímera e inmediata, senón que tratamos problemas que aparecen con regularidade nos medios, retratamos o día a día a través de artigos sobre a vida dos nosos veciños e, por suposto, fixemos análises sobre problemas que convén explicar.
Sen embargo, imos rematar cun sorriso. ¡Que mellor que irnos de festa! Aínda faltan uns meses para que as festas do Carme ambienten este curruncho da cidade, está ben que saibamos algo máis ó respecto.
Así comezaba unha reportaxe publicada o pasado verán en La Voz de Galicia:
“El origen del lanzamiento del globo de los Castros se remonta al 1990. Mario Novoa, el responsable de la revista de las fiestas y cronista del barrio, explica, no obstante, que existen precedentes: «En los años cincuenta se sabe que se echaron algunos globos de pequeño tamaño, pero la fiesta tal y como la conocemos hoy es de 1990»”.
David Esgueva



.jpg)
.jpg)






